As mil e una noites

Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de cómo ó seu inxenio logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. As  mil e unha Noites!!

Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antiguas historias de Bagdad. Entran anunciando unha historia máxica da lonxana Persia. Subidos en zancos, e con aspecto de xenios convidan ó publico que se acomode ó redor do carromato que, transfórmase en escenario-escenografía en cuestión de segundos, sendo esta transformación parte da obra. A continuación, centraremos ao público nun ambiente máxico con incienso, coxíns, teas e un contador de historias capaz de transportarnos á  antiga Persia. Unha vez sitos, comezaremos a narrar a incrible historia das mil e unha noites pero… claro, faltan personaxes para tan poucos actores… precisaremos a participación activa do público para lograr contar as historias.

O estilo divertido de Ghazafelhos é a atración principal de esta obra; os despistes, as improvisacións e a necesidade da participación do publico é o que fan que o espectador se sinta relaxado e cercano aos actores para que sexa un momento inolvidable.

Contrata este espectáculo pinchando aquí

  • Público: Familiar  (recomendado a partir de 5 anos)

  • Teatro de rúa

  • Duración: 60 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 2h

  • Tempo de desmontaxe: 1h 30min

  • Medidas:  Ancho 8m/ Fondo 4m/Alto 5m​

  • Son: 220v. 1000 W.

  • Iluminación: luz xeral

  • Dramaturxia e dirección: Pepablo Patinho

  • Escenografía: Teatro dos Ghazafelhos

  • Vestiario e caracterización: Teatro dos Ghazafelhos

  • Deseño gráfico: Jorge Casas

  • Música:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

  • Distribución: Urdime

DESCARGA DOSSIER