Bon Appétit

Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos,….ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo.”

Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.

RIDER TÉCNICO

Público: Familiar/Infantil,  Recomendado  a partir de 3 anos

  • Duración:  60 minutos aprox.
  • Tempo de montaxe: 3h
  • Tempo de desmontaxe: 2h
  • Medidas:  Ancho 7m/ Fondo 4m/Alto 3m
  • Son: 1000 W.
  • Iluminación: 15000V

 FICHA TÉCNICA

  • Texto e dirección: Pepablo Patinho
  • Idea orixinal: Montse Piñón
  • Produción executiva e artística: Teatro dos Ghazafelhos
  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho
  • Deseño de luces: Ana Diaz
  • Escenografía e atrezzos Teatro dos Ghazafelhos
  • Caracterización: Eva Tenreiro
  • Efectos sonoros e musicais: Jorge Casas
  • Distribución: Urdime (www.urdime.net)

 

Contrata este espectáculo pinchando aquí