Contos de lobo

Un conto interactivo onde se mestura a maxia, o circo ou a hipnose

Dúas personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos… pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias… ala!! E os contos? -Que nos axude o público…

 “Mon e Pe”, chegan para contar uns contos. Ao principio fan unha entrada tan espectacular que “Pe” perde a cabeza e comeza  a facer  espectáculos de maxia e acrobacias… “Mon”, contundente pero  didáctica,  centra a  situación ofrecendo  ao  público presente  colaboración nos  contos…. e que  colaboración!!!

 “Mon”, eficiente, sabichona, quere que todo saia ben… É unha gran coñecedora dos contos!! Menos mal que ten autocontrol se non….

 “Pe”, Tolo, despistado e impaciente quere facer  maxia, ou acrobacia, ou… ai…!! Que si, queviñamos contar contos…

No espectáculo trátase a temática da boa alimentación así como a estimulación para o xogo e a participación teatral.

  • Público: Familiar  (recomendado a partir de 3 anos)

  • Duración: 60 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 1h​ 30 min

  • Tempo de desmontaxe: 1h

  • Medidas:  Ancho 3m/ Fondo 2,5m/Alto 2m​

  • Necesidades técnicas: Conexión á rede eléctrica

  • Texto e dirección: Montse Piñón e Pepablo Patinho

  • Idea orixinal: Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón e Pepablo Patinho

  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Distribución: Urdime

DESCARGA DOSSIER