Contos para escagarriñarse

Os Ghazafelhos poñen a proba os esfínteres familiares con esta proposta: “Contos para Escagarriñarse” Non, non é nada escatolóxico, Ghazafelhos representará tres historias de terror, misterio e loucura coas que os nosos pais, nais , avós, avoas, etc.. nos torturaron docemente durante a nosa infancia.

Pregámoslle ao público que acuda con papel… hixiénico.

Uns cómicos chegan á vila para amosar incribles historias de medo da nosa tradición popular.

A Santa Compaña,  As Lavandeiras,   Os mortos vivos  e  A Cabra Montesina!!!

Un espectáculo para interior ou exterior,  un pequeno carromato como eixe da posta en escena, tres “cómicos”, unha cabra e a  “necesaria”  participación do público para 50m. de humor e repaso da nosa tradición popular.

RIDER TÉCNICO

Público: Familiar / Espectáculo de rúa ou interior

  • Duración:  55 minutos aprox.
  • Tempo de montaxe: 1h
  • Tempo de desmontaxe: 30min​
  • Medidas:  Ancho 4m/ Fondo 4m/Alto 3m
  • Son: 1000 W.
  • Iluminación: 3000V  

FICHA TÉCNICA

  • Texto e Dirección: Pepablo Patinho
  • Idea orixinal: Teatro dos Ghazafelhos
  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho
  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos
  • Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón
  • Musica: Jorge Casas
  • Distribución: Urdime (www.urdime.net)

Contrata este espectáculo pinchando aquí