O Vendedor de Fume

Achéguense señoras e señores, nenos e nenas, achéguense e descubran as marabillas que lles vou mostrar; Ungüentos para facer medrar o cabelo,
elixires para os catarros, pomadas para un propulsado primaveral, queren quitar luares peludos…? ou quizais moas…? queren cortar o cabelo,
un afeitado, ou extraer o apéndice…? Achéguense e fagan cola!! por moi pouco diñeiro a súa vida cambiará, e de que maneira… achéguense!!

Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a
música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público.
Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!

       

  • Texto e Dirección: Pepablo Patinho

  • Idea orixinal: Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

  • Musica: Ghazafelhos

  • Distribución: Urdime

               Público: Familiar / Espectáculo de rúa
  • Duración:  55 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 1h​​

  • Tempo de desmontaxe: 30min​​

  • Medidas: Ancho 4m/4m/Alto 3m​

  • Son: 1000 W.​

  • Iluminación: 300​0V