Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”.

Ghazafelhos propoñemos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais .

Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder sair do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado.

  • Público: Familiar  (recomendado a partir de 5 anos)

  • Duración: 45 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 1h​ 30 min

  • Tempo de desmontaxe: 1h

  • Medidas:  Ancho 7m/ Fondo 4m/Alto 3m​

  • Son: 1000 W.

  • Iluminación: 15000V

  • Texto orixinal: Cristina Justo e Paloma Rodríguez

  • Adaptación, guión e dirección: Pepablo Patinho

  • Idea orixinal: Teatro dos Ghazafelhos

  • Produción executiva e artística: Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

  • Efectos sonoros: Jorge Casas

  • Distribución: Urdime

DESCARGA DOSSIER