Nana para un soldado

“A guerra non é un lugar. A  guerra non  chega ou se vai… pero esta aí… habita nos corazóns  atrincheirados e nas mentes con metralla…”

Dous soldados coinciden no fronte. O fronte é a casa de Aurora. Aurora espera un bebé. O  bebé espera ós dous soldados…

Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto; o nacemento dun neno.


Ghazafelhos parte de algo tan forte como é a guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento, a vida,  para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.


Con grandes dosis de humor e rodeados dun ambiente lírico, Ghazafelhos propón 60 minutos inolvidables dunha das historias para público familiar que non vai deixar indiferente a ninguén.

RIDER TÉCNICO

Público: Familiar/Infantil,  Recomendado  a partir de 6 anos

  • Duración:  60 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 6h

  • Tempo de desmontaxe: 1h 30min.

  • Medidas:  Ancho 8m/ Fondo 7m/Alto 5m​

  • Son: 1000 W.

  • Iluminación: 15000V

FICHA TÉCNICA

  • Guión e Dirección: Pepablo Patinho
  • Idea orixinal: Montse Piñón

  • Produción executiva e artística: Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

  • Deseño de luces: Ana Diaz

  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Títeres: Teatro dos Ghazafelhos

  • Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

  • Música: Carlos Quintá (acordeón ),  Pablo Doval (Tuba) e  Benxamín Otero (Oboe)

  • Costureira: Magdalena Caneiro

  • Efectos sonoros: Jorge Casas

  • Animación: Agustín Deibe e Gelo Paz

  • Distribución: Urdime (www.urdime.net)

Descargar rider técnico

Contrata este espectáculo pinchando aquí