O país dos mandóns

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como O País da Igualdade.

Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta de Edicións Embora.

Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu secreto, da urna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

RIDER TÉCNICO

Público: Familiar  (recomendado a partir de 5 anos)

  • Duración:  40-45 minutos aprox.

  • Tempo de montaxe: 1h​ 30 min

  • Tempo de desmontaxe: 1h

  • Medidas:  Ancho 6m/ Fondo 4m/Alto 3m​

  • Son: 1000 W.

  • Iluminación: 15000V

FICHA TÉCNICA

  • Guión e Dirección: Pepablo Patinho

  • Idea orixinal: Teatro dos Ghazafelhos

  • Produción executiva e artística: Teatro dos Ghazafelhos

  • Elenco:  Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

  • Escenografía e atrezzos:  Teatro dos Ghazafelhos

  • Títeres: Teatro dos Ghazafelhos

  • Vestiario e maquillaxe: Montse Piñón

  • Efectos sonoros: Jorge Casas

  • Distribución: Urdime (www.urdime.net)

Contrata este espectáculo pinchando aquí

DESCARGA DOSSIER