Ghazafelhos

379766_10200886602714984_975594650_n

Ghazafelhos é una compañía nada en Narón no ano 2006. Inícianse con pequeñas obras de títeres, contacontos e teatro de rúa, especializándose en teatro actoral. En pouco tempo consolídanse como una das compañías galegas de referencia para público familiar.

Os seus primeiros espctáculos, “A orixe dos Gahazafelhos” e “Contos mariñeiros“, destacan polo seu alto contido humán. No 2010 dan un salto notable e presentan “Frankenstein“, obtendo una das mellores críticas na Feira Galega de Artes Escénicas, xirando posteriormente polos principais teatros e auditorio do país. O 2 de outubro de 2012 entrean en Narón “Bon Appétit“, un espectáculo cargado de sabores e cheiros onde tres cociñeiros, seguindo as receitas de Álvaro Cunqueiro, cociñan una comedia total en clave de clown. Actualmente, están presentando a súa nova montaxe “3, 2, 1...”, espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e obxectos acompañado de moita música; sen dúbida, una obra chea de tenrura que nos chegará ó corazón.

Teatro dos Ghazafelhos compóñena Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas.