Rubicundo

Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha.  Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio…

Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…

Rubicundo é unha obra de  de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos  propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué… Unha mestura de xéneros na que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia; RUBICUNDO

Comedia dramática drixida a público familiar · recomendado +5 anos

DESCARGA DOSSIER